NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 31 de decembro de 2020

NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 31 de decembro de 2020

O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL INFORMA da medida extraordinaria que ven de publicar a Xunta de Galicia para persoas demandantes de emprego:


“Como consecuencia da situación xerada pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 e co obxectivo de minimizar o seu impacto nas persoas demandantes, o Servizo Público de Emprego de Galicia adoptou a seguinte medida:


NON SERÁ NECESARIO RENOVAR A DEMANDA DE EMPREGO ATA 31 DE DECEMBRO DE 2020”.

Esta información pódese consultar no seguinte enlace:
https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/?option=com_content&view=article&id=484#outra-informacion-de-interese

Para máis información:
Concello de Fene, Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue”, Praza do Alcalde
Ramón José Souto González s/n, Teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal