Medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

Medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

Publicado no DOG a orde pola que se establece unha medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

 Restricións ás agrupacións de persoas para a protección da saúde das persoas ante a existencia dun risco de carácter transmisible:

Á vista da evolución da situación epidemiolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia e coa finalidade de controlar a transmisión da enfermidade, adóptase, de modo temporal, a medida de limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados a un máximo de dez persoas, excepto no caso de persoas conviventes, en que non se aplicará esta limitación.

Tampouco serán aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

O incumprimento da medida de prevención establecida neste punto poderá dar lugar á imposición das sancións e a outras responsabilidades previstas no ordenamento xurídico.

 Esta orde terá efectos desde as 00.00 horas do 15 de outubro de 2020.

 

Ligazóns