Aprobación padrón fiscal correspondente ao 3º trimestre do exercicio 2020 de subministro de auga e saneamento, canon de auga e coeficiente de vertedura
26-11-2020
Pubicado o edicto relativo á aprobación padrón fiscal correspondente ao 3º trimestre do exercicio 2020 de subministro de auga e saneamento, canon de auga e coeficiente de vertedura.
O padrón quedará exposto ao público no Concello durante o prazo de 1 MES, a contar dende o día seguinte á publicación do Edicto no BOP. O anuncio ten carácter de notificación colectiva ao amparo do disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria, e artigo 24 do RXR.