Renovación da demanda de emprego

Renovación da demanda de emprego

O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL INFORMA da medida que ven de publicar a Xunta de Galicia para persoas demandantes de emprego:

Desde marzo de 2020, como consecuencia da situación producida pola pandemia orixinada polo COVID-19, a renovación da demanda de emprego veuse realizando de xeito automático, non obstante, a partir do próximo 1 de xaneiro de 2021 será preciso volver a renovar nas datas indicadas no documento informativo de renovación de demanda

A renovación da demanda de emprego poderase realizar polos seguintes medios:
1. A través da Oficina Virtual do Portal de Emprego de Galicia (emprego.xunta.gal). Pódese acceder co certificado dixital, DNI-e ou solicitando o usuario e contrasinal nunha oficina de emprego.
2. Desde o teléfono móbil, empregando a aplicación Mobem, dispoñible para Android e iOS.
3. Empregando o PIN de 4 díxitos que se recibirá por correo electrónico ou SMS no portal https://emprego.xunta.gal/portal/gl/renovacion-pin (sen necesidade de autenticarse, como pasa na cita previa) ou mediante unha chamada telefónica ao número 012 (981 900 643).
4. Nos Puntos de información dos concellos ou das oficinas de emprego, mediante a impresión dactilar ou PIN. Poden consultar a localización dos Puntos de Información no teléfono 012 ou no Portal de Emprego de Galicia.
Lembrar que no Concello de Fene o Punto de Información está no edificio de formación e emprego.

Esta información pódese consultar no seguinte enlace:
https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/?option=com_content&view=article&id=517
Máis información en orientación laboral, teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal