Recepción SS MM Os Reis Magos de Oriente

Recepción SS MM Os Reis Magos de Oriente

Informamos á veciñanza que con motivo da recepción das SS. MM OS REIS MAGOS DE ORIENTE este martes día 5 de xaneiro pola tarde na Praza do Alcalde Ramón José Souto González:

Non poderán aparcar na Avda. do Concello desde ás 15.00 ata as 21.30 horas do día 5 de xaneiro. Así mesmo, prohíbese a circulación na dita franxa horaria.

Para a RESERVA DE ENTRADAS Á RECEPCIÓN, deberá facelo ata o día 4 de
xaneiro ás 13.30 horas no teléfono 981.34.03.66 (ata cubrir aforo).

Aos efectos da dar cumprimento aos protocolos de seguridade, os datos das persoas asistentes poderán ser verificados pola organización para o acceso aos recintos.

Descargas