Bases específicas reguladoras da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de administrativo/a incluída na OEP do Concello de Fene do ano 2020
21-01-2021
Publicadas no BOP do 21 de xaneiro as bases específicas reguladoras da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de administrativo/a incluída na OEP do Concello de Fene do ano 2020.
O prazo de presentación de instancias/solicitudes de participación será de vinte días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A non presentación en tempo e forma suporá a inadmisión da persoa aspirante no proceso selectivo.