Proceso de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas
28-01-2021
O servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene, informa sobre as novas convocatorias abertas no proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral (DOG 14/01/2021).
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego e Igualdade abriu a convocatoria de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral ou formación non formal, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Deste xeito convócanse prazas en unidades de competencias dirixidas a aqueles traballadores e traballadoras con experiencia laboral ou formación non formal nas seguintes cualificacións profesionais:
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 325 prazas.
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 225 prazas
Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 150 prazas
Socorrismo en instalacións acuáticas: 150 prazas
Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural: 150 prazas
Vixilancia e seguridade privada: 162 prazas nas seguintes unidades de competencia:
UC0080_2 Efectuar a vixilancia e protección de bens e persoas en espazos delimita-dos e do transporte de fondos e obxectos valiosos.
UC0081_2 Efectuar o acompañamento, defensa e protección de persoas ou grupos concretos.
Servizos para o control de pragas: só poden presentarse as persoas que quedaron na lista de espera da convocatoria anterior.
REQUISITOS :
Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor
Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para o caso de unidades de competencia profesional de nivel 1 e 20 anos cumpridos para os niveis 2 e 3.
Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial nin estar realizando curso de formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.
Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos.
Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos.
PRAZO :
Prazo de inscrición: 15 xaneiro a 11 de febreiro de 2021, ámbolos dous días inclusive.
As persoas interesadas que precisen información ou orientación poden contactar co servizo de orientación no teléfono 981 492 767 ou a través da caixa de correo: orientacion.laboral@fene.gal
ENLACE Á ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioG0599-281220-0002_gl.pdf
INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA E APLICACIÓN INFORMÁTICA
https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/?option=com_content&view=article&id=8