Procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3

Procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3

Publicado no DOG do 23 de marzo a convocatoria do procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul para o curso 2021/22.

O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o día 12 de abril de 2021

Escolas infantís de Fene xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar-enderezos para a tramitación do procedemento e horario ofertado para o curso escolar 2021/22

Fene

Lugar da Torre, s/n, Perlío. 15550 Fene (A Coruña)

981 344 573

7.30-18.00

Fene-Barallobre

Lugar do Carril, Barallobre. 15528, Fene (A Coruña)

981 360 180

7.30-18.00

Ligazóns