Anuncio do Concello de Fene relativo ao emprazamento dos interesados en recurso contencioso-administrativo (procedemento abreviado 65/2021)
24-03-2021
Publicado no BOP do 24 de marzo o anuncio do Concello de Fene relativo ao emprazamento dos interesados en recurso contencioso-administrativo (procedemento abreviado 65/2021)
O 02.03.2021 (RXE n.º 202100000001124) recíbese requirimento do Xulgado Contencioso-Administrativo n.º 3 da Coruña para que se achegue o expediente administrativo correspondente ao procedemento abreviado 65/2021 promovido por recuso contencioso-administrativo interposto contra a Resolución da alcaldía núm. 72/2021 de 21.01.2021, pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a convocatoria e bases do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, de tres vacantes de auxiliar administrativo/a incluídas nas ofertas de emprego público do Concello de Fene dos anos 2017, 2018 e 2020, por concurso oposición, bases específicas publicadas no BOP da Coruña o 18.12.2020, e para que se realicen os emprazamentos dos posibles interesados correspondentes ao devandito recurso.
En consecuencia, esta alcaldía, de conformidade co disposto nos artigos 49 e 50 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ditou a Resolución da alcaldía núm. 306/2021, do 17.03.2021, pola que se acorda o envío do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado e se empraza a todas as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento abreviado núm. 65/2021, para que poidan comparecer como parte ante o citado órgano xurisdicional no prazo de nove (9) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.