Bases específicas reguladoras da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de técnico/a de Administración Xeral
21-04-2021
Publicado no BOP do 21 de abril as bases específicas reguladoras da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de técnico/a de Administración Xeral incluída na OEP do Concello de Fene do ano 2018.
Publicado no DOG do 24 de maio ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso selectivo para cubrir unha vacante de técnico/a de administración xeral (oferta de emprego público de 2018).
O prazo de presentación de instancias/solicitudes de participación será de vinte días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A non presentación en tempo e forma suporá a inadmisión da persoa aspirante no proceso selectivo.