Inscrición obradoiro Viñetas no Camiño

Inscrición obradoiro Viñetas no Camiño

O obradoiro, impartido por Calros Silvar, desenvolverase o día 20 de maio de 16.00 a 20.00 horas, aínda que a maior parte do tempo dedicarase á práctica. Será unha actividade orientada á realización de bosquexos ao natural, tanto de paisaxe coma de seres vivos, ben sexa a modo de apuntes que permitan a realización posterior de obras máis elaboradas ou ben como debuxos finais.

A actividade está orientada a persoas adultas que teñan nocións básicas de debuxo e que o practiquen con certa frecuencia. Calquer/a interesado/a pode inscribirse de xeito gratuíto enviando un mail ao correo vinetasdocamino@fene.gal.

Ligazóns