Oficina de Fomento Cooperativo e Economía Social

Oficina de Fomento Cooperativo e Economía Social

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol achega ao público a Oficina de Fomento cooperativo e Economía Social con atención presencial en Valdoviño e Cabanas todos os martes e xoves respectivamente. Ademáis, seguirá operando dende o Centro de Emprego do Concello de Ferrol (Catabois) os luns, mércores e venres, como se viña facendo ata o de agora.

Todas as persoas que o desexen serán atentidas entre as 09.00 e as 14.00h, solicitando unha cita a través do teléfono 722 253 762 ou enviando un correo electrónico acooperativismo@ferrol.es<mailto:cooperativismo@ferrol.es>. A través desta Oficina, recibirán acompañamento e asesoramento sobre os seus proxectos empresariais ou societarios, novas oportunidades de mercado, a maduración dunha idea de negocio, sobre os trámites necesarios de constitución, elaboración de estatutos ou busca de socios/as.