Anuncio valoración concurso axente igualdade
25-06-2021
Publicado o anuncio relativo a valoración da fase de concurso do proceso selectivo para a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso libre, dun/dunha axente de igualdade.
Concédese un prazo de dous días naturais para a presentación de alegacións ás valoracións efectuadas. O prazo contarase a partir do día seguinte ao da publicación da baremación.
No caso de que non se produzan alegacións no prazo anteriormente establecido, elevar á alcaldía para a súa aprobación a lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo conforme á cláusula sétima das bases do proceso selectivo, que se entenderá definitiva se no citado prazo de alegacións non se presenta ningunha.