Anuncio terceiro exercicio oposición praza Técnico/a administración xeral

Anuncio terceiro exercicio oposición praza Técnico/a administración xeral

ANUNCIO De conformidade co acordado polo tribunal de selección do proceso selectivo para a cobertura, mediante persoal funcionario de carreira, dunha praza de técnico/a de administración xeral, que figura como vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene incluída na oferta de emprego público do ano 2018 segundo as bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local do 15.04.2021, nomeado mediante Resolución de alcaldía 861/2021, CONVÓCASE ás persoas aspirantes que superaron a segunda proba da fase de oposición á realización do terceiro exercicio da fase de oposición que terá lugar no salón de plenos da Casa Consistorial do Concello de Fene sita na praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n ás 10.30 h do día 21.09.2021.

Descargas