Xuntanza informativa sobre a futura xestión municipal das colonias felinas do concello

Xuntanza informativa sobre a futura xestión municipal das colonias felinas do concello

A Concellería de Medio Ambiente de Fene está a traballar para xestionar no menor tempo posible as colonias felinas do termo municipal. O obxectivo fundamental é o control poboacional destes animais que viven nas rúas (e que, en moitos casos, precisan de alimentación e atención sanitaria) para previr posibles problemas de hixiene e salubridade.
 
A edil responsable desta área, Marta Pereiro, explica que "o primeiro que queremos facer é convocar a todas as persoas interesadas ou que nos últimos tempos estean a atender ou alimentar ás colonias felinas dentro do noso concello porque temos que facer un censo de todos os gatos para, posteriormente, desenvolver un programa de captura, esterilización e posterior solta no seu entorno".
 
As persoas que queiran participar nesta primeira xuntanza deben chamar ao teléfono 607 621 525.