Concesión subvencións

Concesión subvencións

Publicado o anuncio relativo a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, das axudas correspondentes ao plan complementario do Concello de Fene adherido ao de financiación para a reactivación económica e social.

O prazo para presentar a documentación xustificativa e asinada dixitalmente, remata o 19 de decembro.

- Xustificantes de gasto ou facturas electrónicas escaneadas, efectivamente pagadas dentro do período subvencionable (do 1 de marzo ata o 31 de decembro), correspondentes aos gastos subvencionables determinados na base 7.ª, ou documentos contables de valor probatorio equivalente.

As facturas non teñan os conceptos de gasto debidamente especificados, deberán entregar un documento aclaratorio do seu contido, que debe axustarse aos conceptos subvencionados ao amparo desta convocatoria.

- Xustificantes de pago.

- Relación clasificada de gastos, con indicación de: Acreedor e NIF ou CIF, Concepto de gasto facturado e datos do documento xustificativo (tipo de documento, data e nº), data de pago e importe sen IVA. (Anexo XI)

- Acreditar a publicidade do financiamento da actividade realizada, figurando expresamente nun lugar visible do centro de traballo, logotipo do Concello. O mesmo tipo de publicidade realizarase nun lugar preferente na páxina web da empresa, de existir esta. (anexo XII)

- Os beneficiarios que indicasen o uso do galego, deberán acreditar dito uso, a través de fotografias da cartelería, ou enlaces á páxina web ou redes sociais da empresa.

- Declaración responsable (anexo X)

 

Descargas