Aprobación inicial da Ordenanza fiscal núm. 25, reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana
10-02-2022
Publicado no BOP do 10 de febreiro o anuncio relativo á aprobación inicial da Ordenanza fiscal núm. 25, reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.
Ábrese un período de exposición ao público por 30 días hábiles, a contar a partir do día seguinte á inserción deste anuncio no BOP, aos efectos de exame e presentación de reclamacións ou alegacións.
No caso de que non se presenten reclamacións, os acordos iniciais devirán definitivos.