AVISO IMPORTANTE SERVIZO LIXO
18-03-2022
O servizo do lixo verá modificada a periodicidade das recollidas debido á folga no sector do transporte que está impedindo descargar os camións con normalidade na compactadora do Río do Pozo. Neste momento os municipios da comarca están coordinando un calendario de servizos mínimos, ao tempo que desde o Concello de Fene se insta a SOGAMA e á Delegación do Goberno para que ofrezan unha solución urxente.
Ante a posibilidade de que esta situación se prolongue, o servizo municipal fará as rutas de recollida os LUNS, MÉRCORES E VENRES. Por este motivo, desde o Concello faise un chamamento á colaboración veciñal para reducir no posible os residuos no fogar, co obxectivo de que non se acumulen bolsas nos colectores.
Pregamos desculpas polos inconvenientes que esta situación pode ocasionar, reiterando unha vez máis o apoio ás xustas reivindicacións dos colectivos profesionais afectados pola subida de prezos dos combustibles.