Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022

Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022

As probas realizaranse en Santiago de Compostela (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) e Ponferrada (Celga 2, 3 e 4). As sedes, datas e horarios de realización publicaranse aquí

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente. No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas ás cales solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O prazo de presentación de solicitudes é do 21 de marzo ao 8 de abril (15 días hábiles).

Ligazóns