ARQUIVO DE EXPEDIENTES DO IIVTNU CON DATA DE DEVENGO ANTERIOR AO 26.10.2021 E ANULACIÓN DE LIQUIDACIÓNS

ARQUIVO DE EXPEDIENTES DO IIVTNU CON DATA DE DEVENGO ANTERIOR AO 26.10.2021 E ANULACIÓN DE LIQUIDACIÓNS

Por Resolución da Alcaldía 359/2022, de 19 de marzo, acordouse o arquivo de expedientes de solicitude de liquidación do IIVTNU (plusvalía), ordenando a publicación no taboleiro de edictos e na páxina web municipal, aos efectos de dar información pública aos interesados nos expedientes.

Os expedientes relacionados atópanse a disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, podan consultalos no departamento de xestión tributaria ou na Sede Electrónica deste Concello. Contra a resolución , que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse ante o Alcalde - Presidente deste Concello, o recurso de reposición regulado no artigo 14.2 do TRFFLL, no PRAZO DE 1 MES contado dende o día seguinte ó da súa notificación. Non obstante, si se considera pertinente, poderá utilizarse e exercitarse calquera outro recurso que se estime procedente.

Descargas