Convocatoria de selección de persoal funcionario/a interino/a para a realización do programa de integración laboral no ano 2022
23-05-2022
Pubicado no BOP do 23 de maio a convocatoria de selección de persoal funcionario/a interino/a para a realización do programa de integración laboral no ano 2022. Proceso de selección de funcionarios/as interinos/as, 4 peóns e 1 auxiliar administrativa de biblioteca, para a realización de obras e servizos mínimos municipais, segundo o establecido nas Bases reguladoras do programa PEL-Concellos 2022 de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia, incluído na Liña 1.1 do Plan de emprego local (PEL).
O Concello presentará oferta na oficina de emprego de Ferrol-Esteiro no prazo máximo de cinco días hábiles dende o seguinte ao da publicación do estrato da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Recibida no Concello de Fene a relación de candidatos/as preseleccionados/as pola oficina de emprego de Ferrol-Esteiro, procederáse á súa publicación na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello. Os/as candidatos/as preseleccionados/as requeriráselles por parte do Concello de Fene (ben por carta ou por calquera outro medio de comunicación)que presenten nun prazo de 3 días hábiles para participar no proceso de selección a documentación pertinente.