Bases para a cobertura, en quenda de promoción interna e mediante concurso-oposición, dunha praza vacante de chofer condutor/a
01-07-2022
Publicado no BOP do 1 de xullo as bases teñen por obxecto a regulación da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura, en quenda de promoción interna e mediante persoal funcionario de carreira, dunha praza de chofer condutor, que figura como vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene e ten sido obxecto de inclusión, pola quenda de promoción interna, na súa oferta de emprego público do ano 2019.
O prazo de presentación das instancias/solicitudes de participación será de vinte días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A non presentación en tempo e forma suporá a non admisión da persoa aspirante no proceso selectivo.
ACTUALIZADO 21/11/2022. Anuncio BOE aquí