Anuncio cambio ubicación proba prazas administrativo/a

Anuncio cambio ubicación proba prazas administrativo/a

ANUNCIO

Faise público que, por motivos organizativos, vaise variar a ubicación da convocatoria feita mediante anuncio do 04.08.2022 ás persoas aspirantes do proceso selectivo para a cobertura, mediante persoal funcionario de carreira, de dúas prazas de administrativo/a, que figuran como vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2018 e 2020 segundo as bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local do 23.12.2020 e 14.01.2021. A terceira proba da fase de oposición realizarase ás 11.00 horas o día 5 de setembro 2022 no colexio da Xunqueira situado ao carón do pavillón polideportivo de San Valentín, Fene. As persoas aspirantes deberán acudir provistas de DNI, bolígrafo azul ou negro e mascarilla. 

Descargas