Anuncio do tribunal do proceso selectivo de dúas prazas de administrativo/a.
09-09-2022
Anuncios acordos, sesións do 5 e 8 de setembro de 2022, do tribunal de selección do proceso selectivo para a cobertura, mediante persoal funcionario de carreira, de dúas prazas de administrativo/a.
Concédese un prazo de 5 días hábiles ás persoas aspirantes para formular reclamacións/alegacións ao respecto dos resultados e cualificacións obtidos, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios e web municipal.
Habilítase á secretaria do tribunal para convocar ás persoas aspirantes que superaron á terceira proba á realización do cuarto exercicio da fase de oposición, o que se fará previsiblemente a partir do 10.10.2022 no taboleiro de edictos e web municipal.