O Concello de Fene abre o prazo de solicitude das axudas do Bonobús Universitario 2022-23

O Concello de Fene abre o prazo de solicitude das axudas do Bonobús Universitario 2022-23

Coa publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases da convocatoria de subvencións ao transporte de estudantes universitarios/as que cursen estudos nos campus da Coruña durante o curso 2022-2023, dende o venres 7 ao luns 17 de outubro poden presentarse solicitudes no Concello de Fene. O programa ten como obxectivo “facilitar o desprazamento diario de luns a venres no traxecto Fene-A Coruña-Fene para o estudantado universitario fenés nun campus da cidade de A Coruña durante o curso 2022-2023”. Para información ou consultas relacionadas coa subvención do Bonobús Universitario, a veciñanza pode chamar ao teléfono 981 340 366.

As solicitudes formalizaranse no modelo de solicitude establecido (que se pode descargar na web municipal www.fene.gal) e presentarase no Rexistro Xeral do Concello por vía telemática ou por vía presencial en días laborables, de luns a venres, en horario de 08.30 a 14.00 horas.

A Convocatoria de subvencións ao transporte de estudantes universitarios/as do Concello de Fene vai dirixida ao estudantado que estea empadronado/a e teña residencia efectiva no Concello de Fene como mínimo dende o 1 de xuño de 2022 e que curse estudios universitarios para os que sexa preciso desprazarse até a cidade da Coruña.

O Concello de Fene destina un total de 7.500 € para financiar o programa. As subvencións concedidas variarán en función do número de beneficiarios/as finais do acordo, oscilando entre o 100% do custo do bono bus para un máximo de 16 beneficiarios/as e un 30 % do custo no suposto de que haxa entre 31 e 55 beneficiarios/as.

Descargas
Ligazóns