Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B, C e D.

Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B, C e D.

A oficina de Orientación laboral do Concello de Fene informa:

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA PERSOAS MOZAS RESIDENTES EN GALICIA QUE OBTIVERON O/OS CARNÉS DE CONDUCIR B,C E D ENTRE DECEMBRO 2021 E OUTUBRO 2022

 

REQUISITOS :

Ter feitos os 18 anos e non ter feitos os 30 anos

Estar empadroado/a na comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

Estar inscrito/a no Programa de Garantía Xuvenil e figurar como persoa beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Ter o/os permiso/os de conducir, para o que solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e 31 de outubro de 2022.

 
IMPORTE:

400 euros para permiso clase B

650 euros para permiso clase C

1300 euros para permiso clase D
 

DATA DA PUBLICACION: DOG – 28/09/2022

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES : 29 de setembro a 31 de outubro

Ligazóns