ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa

Ao non ser posible a práctica de comunicación ós titulares das referencias catastrais que se relacionan no anuncio achegado, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa, a fin de que no prazo de 15 días, que contarán dende o día seguinte ó da publicación do presente edicto no Boletín Oficial do Estado (BOE), para que os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas á que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación deste anuncio no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín oficial do Estado (BOE).

Descargas