Anuncio sorteo para resolver o empate na praza conserxe
16-11-2022
O tribunal de selección do proceso selectivo para a cobertura, mediante persoal funcionario de carreira, dunha praza de conserxe, que figura como vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene incluída na oferta de emprego público do ano 2019 na súa sesión do 16.11.2022 acordou, entre outros, convocar ás persoas aspirantes que así o desexen ao acto público que terá lugar ás 8.40 h do día 17.11.2022 no Salón de Plenos do Concello de Fene para resolver por sorteo o empate entre os aspirantes relacionados para así proceder á confección final da relación de persoas aspirantes aprobadas.