Convocatorias e procesos selectivos para a cobertura de 24 prazas, mediante persoal laboral fixo, para a estabilización do emprego temporal
23-11-2022
Publicadas no BOP do 23 de novembro as bases específicas reguladoras das convocatorias e procesos selectivos para a cobertura de 24 prazas, mediante persoal laboral fixo, ao abeiro das previsións legais para a estabilización do emprego temporal.
O proceso selectivo obxecto de convocatoria desenvolverase polo sistema excepcional de concurso previsto pola DA 6ª da Lei 20/2021, que se realizará consonte á dita disposición e ás Bases Xerais.