Resultados finais praza peón limpeza viaria
28-11-2022
Fanse públicos os acordos adoptados polo tribunal de selección do proceso selectivo para a cobertura, mediante persoal funcionario de carreira, dunha praza de peón/a de limpeza viaria, que figura como vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene incluída na oferta de emprego público do ano 2017 na súa sesión do 11 de novembro do 2022.
Concédese un prazo de cinco (5) días hábiles para formular reclamacións/alegacións ao respecto dos resultados e cualificacións obtidos polas persoas aspirantes presentadas á terceira proba da fase de oposición, contados a partir do día seguinte á súa publicación no taboleiro de anuncios e páxina web municipais.