Competencias clave
13-01-2023
O Servizo de Orientación laboral do Concello de Fene informa sobre as PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3
PUBLICADO: DOG 10/01/2023
O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:
Comunicación en lingua galega.
Comunicación en lingua castelá.
Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
Competencia matemática.
PRAZO PRESENTACIÓN INSCRICIÓNS: 11 de xaneiro a 10 de febreiro
DATAS REALIZACIÓN DAS PROBAS: Previsiblemente na 2ª quincena de maio