Bolsas e axudas ao estudo para o curso 2023-2024
27-03-2023
A convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2023-2024 xa está aberta. Desde hoxe ata o 17 de maio, a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional, pódense solicitar as axudas para estudos postobligatorios.
Os alumnos e alumnas que vaian cursar bacharelato, Formación Profesional, ensinos artísticos, deportivas, de idiomas ou estudos universitarios, entre outros, poden pedir xa a súa bolsa para o curso que vén. Como na convocatoria anterior, deberán cumprimentar unha serie de datos provisionais, que poderán modificar máis adiante, e deberán facelo aínda que non saiban aínda as notas que obterán este curso, que van estudar no que vén ou se van continuar ou non coa súa formación.
Toda a info