Bases APROL 2023
16-05-2023
Publicadas as bases que rexerán a convocatoria para a controtación laboral temporal de 2 traballadores/as (PEÓNS/PEOAS DE XARDÍN) ao abeiro do programa APROL Rural financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade.
A admisión de candidatos/as coincidirá coa selección realizada polo Servizo Público de Emprego, e requeriráselles por parte do Concello de Fene (ben por carta ou por calquera outro medio de comunicación) que presenten nun prazo de 3 días hábiles para participar no proceso de selección a documentación que figura no Anexo I.
A selección realizarase de conformidade co previsto nas bases polo sistema de oposición cos candidatos/as que no prazo establecido presentaran a súa documentación.
A oposición constará de dous exercicios, de carácter obrigatorio e eliminatorio.
PRIMEIRO EXERCICIO.- Exercicio práctico.
SEGUNDO EXERCICIO.- Coñecemento da lingua galega. En aplicación do previsto no artigo 51.2 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia respecto da acreditación do galego, aquelas persoas que non acrediten coñecementos en lingua galega (CELGA 1 ou equivalente) terán unha proba oral de galego, que será cualificada como apto ou non apto. Quedarán exentas da realización desta proba aquelas persoas que acrediten, coa presentación da instancia, estar en posesión do CELGA 1 ou equivalente.
19/05/2023. Lista candidatos/as preseleccionados. Aquí