Curso de formación profesional de socorristas para persoas de Ferrolterra.
08-08-2023
As persoas interesadas dispoñen de 8 días hábiles para solicitar a inscrición dende a publicación no BOP da convocatoria
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, en colabolaración coa Deputación da Coruña, convoca un curso de socorristas co obxecto de garantir a seguridade das praias e piscinas, mellorando a calidade turística do territorio e ofrecendo unha oportunidade profesional para as persoas interesadas nesta ocupación. A novidade é que, debido ao cambio na normativa, o curso redúcese a 120 hs., en contraste coas 420 que até agora era preciso dedicar a esta formación.O curso impartirase nas fins de semana entre setembro e decembro de 2023.
As persoas interesadas poden consultar as bases en https://comarcaferrolterra.wordpress.com/taboleiro-de-anuncios/