Un novo roubo de cable deixa sen luz o cemiterio municipal e o lugar de Ulfe en Sillobre, ademais de obstaculizar a posta en marcha do cadro de bombeo do Río Sá.
20-10-2023
A Garda Civil e a Policía Local manteñen aberta a investigación sobre a autoría da subtracción do material nas liñas de subministración eléctrica, por outra banda a Concelleira de Servizos, Sandra Permuy, informou que se procederá ao arranxo das instalacións coa maior celeridade posible.
Dende o Concello indican que este novo roubo de cable está a acelerar os traballos de instalación de sistemas de seguridade mediante cámaras de videovixilancia.