Logo dos fortes ventos desta noite e parte da mañá de hoxe, continúan os traballos do persoal municipal na retirada de árbores caídas, especialmente nas parroquias de Limodre e Sillobre.
20-10-2023
Ante esta situación, rogamos a cidadanía que extreme as precaucións, e alertamos de posibles cortes na subministración eléctrica dado que algunhas das árbores caiu sobre tendidos eléctricos.
Dende o Concello lémbrannos da obrigatoriedade das persoas propietarias de terreos dá execución da xestión da biomasa , incluida a retirada de especies arbóreas, así como da importancia no cumprimento da LEI 7/2012, de Montes de Galicia, onde se exisen unhas distancias mínimas que deben respectar as novas repoboacións forestais. Advertindo ademais, que segundo o artigo 1908 do Código Civil serán os propietarios/as os responsables dos danos causados pola caída de árboles colocados en sitios de tránsito, cando no sexa ocasionada por forza maior.