Alertas metereolóxica 4 e 5 de novembro

mbro

Alertas metereolóxica 4 e 5 de novembro

🔇 AVISO IMPORTANTE. Perante a situación de alerta no litoral coruñés, provocada polo temporal que azouta Galicia neste 4 e 5 de novembro, o Concello de Fene acordou o:
🔴 Peche de parques infantís e pistas polideportivas municipais exteriores
🚳 Prohibición de realización de actividades ao aire libre
Ademais, para evitar riscos, recomenda:
➡️ Evitar achegarse a zonas perigosas (paseos marítimos, diques, rompentes, praias, cantís...)
➡️ Alonxarse de cornixas, muros, árbores ou valos publicitarios.
➡️ Retirar, como medida de carácter preventivo nos fogares, macetas e todos aqueles obxectos que sexan susceptibles de precipitarse á rúa por mor do vento e a choiva.
➡️ Na estrada, agarrar con forza o volante, evitar os adiantamentos e asegurar a carga que se transporte no vehículo
➡️ Respectar os cordóns de seguridade e as indicacións das forzas de seguridade
➡️ Evitar desprazamentos innecesarios e permanecer na casa (a ser posible)
🆘 E, perante calquera incidencia, chamar ao 1️⃣1️⃣2️⃣