Axudas Bono Deporte da Xunta de Galicia

Axudas Bono Deporte da Xunta de Galicia

Publicada no DOG do luns 11 de decembro 2023 (DOG Núm. 233) ORDE do 5 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do Bono deporte, se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2024 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos deportivos (código de procedemento DE402D).

Trátase dun bono destinado a axudar ás familias nos gastos derivados da práctica deportiva de nenos e nanas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, que estean federados ou inscritos no programa XOGADE. Cada menor terá dereito a un único Bono Deporte, aínda que teña varias licencias deportivas.

Os bonos poden utilizarse para mercar material e equipamento deportivo para o/a menor, así como para pagar a cota de clubs deportivos. Cada bono terá un valor de 120,00 € e terá a consideración de bono desconto do 80% da compra ou servizo adquirido. O importe do bono irá reducíndose en función do valor da compra realizada (IVE incluído).

Solicitude dos bonos:

Para a obtención dos bonos cada persoa beneficiaria deberá darse de alta na web www.bonodeporte.gal e cubrir unha ficha coa información solicitada. A descarga dos bonos realizarase nesta web, e nese momento entenderase preconcedida a axuda. Os bonos irán concedéndose por orde de solicitude ata o esgotamento do crédito previsto (16.120.000,00 €).

Os bonos poden descargarse dende o día 8 de xaneiro de 2024 ata o 29 de febreiro do mesmo ano. No obstante se antes do 29 de febreiro se esgota o crédito máximo fixado, nese momento finalizaría o prazo de descarga.

A validez dos bonos extenderase dende a súa descarga ata o 1 de xullo de 2024.

 

Ligazóns