Información San Silvestre Concello de Fene

Información San Silvestre Concello de Fene

Horario para a recollida de dorsais:

➡️ Venres, 29 de decembro, de 10.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Fene.
➡️ Sábado 30 de decembro, de 10.00 a 13.00 e de 15.30 a 16.30 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Fene.


Restriccións ao tráfico e ao aparcamento previstas:

🚧 O dia 30 de decembro estará prohibido aparcar e circular na Avenida do Concello de 15:00 a 21:00 horas
🚧 Ademais haberá cortes temporais de tráfico entre as 17:00 e as 20:30 horas nas seguintes rúas:
◦ Rúa da Fraga
◦ Marqués de Figueroa
◦ Río Cádavo
◦ O Pachuzo
◦ Os Pinares
◦ O Maroño
◦ O Cardoeiro
◦ Rúa Alta
◦ Rúa Travesa
◦ Rúa Xerardo Díaz
◦ Avda. de Tarrío

O percorrido da San Silvestre aquí:

https://bit.ly/3NHxfa2

Horarios saídas carreiras (aproximados):

CATEGORÍA

HORA

DISTANCIA

ABSOLUTA

17:00

5.000 m.

SUB 18 / SUB 16

17:45

2.500 m.

ANDAINA

17:55- 18:20 

2.500 m.

BIBERÓNS

18:30

50 m.

PITUFOS

18:45

100 m.

SUB 8

19:00

200 m.

SUB 10

19:15

400 m.

SUB 12

19:30

800 m.

SUB 14

19:45

1.200 m.

Os /as participantes na andaina, deberán percorrer o circuíto de 2,5 km nun tempo máximo de 25 minutos. Aquelas persoas que non o remataran nese tempo, subirán ao coche escoba que os/as levarán ata a meta para poder comezar coas carreiras da categoría Biberóns e sucesivas. Por outro lado, nas carreiras de menores, “pitufos” e biberóns”, poderán establecerse quendas de 10 participantes para evitar aglomeracións e posibles caídas dos/as participantes.

En canto aos premios, haberá trofeos para os/as tres primeiros clasificados/as das categorías de Absoluta, sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 , sub 10 e sub 8 tanto masculino como feminino, recibirán un trofeo.Tódolos/as participantes das demais categorías recibirán unha medalla conmemorativa da xornada.

A formalización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado as bases que inclúen unha declaración de estar en bo estado físico, eximindo á organización, aos sponsors ou patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e do perigo de lesión.

Máis información:
Tlf.: 981 340 366
cultura.deportes@fene.gal
www.fene.gal