Prazo de inscrición no XIV concurso de tapas de Fene
03-05-2024
O Concello de Fene organiza por décimo cuarto ano un Concurso de Tapas coa finalidade de promover e dinamizar a actividade da hostalería.
Trátase de fomentar a especialización e a mellora da calidade das tapas consolidando o tapeo tradicional.
O concurso terá dúas modalidades de participación: tapa tradicional e tapa creativa.
Período de inscrición: Ata o 10 de maio de 2024