BANDO INFORMATIVO SAN XOÁN E SAN PEDRO 2024
23-05-2024
Que tendo en conta a normativa sanitaria en vigor, comunícanse os seguintes feitos:
PERMÍTESE A REALIZACIÓN DE LUMINARIAS EN TERREOS PÚBLICOS E PARTICULARES.
Condicións xerais: Este Bando afecta únicamente a aquelas luminarias que teñan lugar en terreos públicos e particulares, os días 23 e 28 de xuño, a partir das 20.00 horas e ata ás 01.00 horas dos días 24 e 29 de xuño respectivamente, quedando estas perfectamente apagadas. Unicamente poderán realizarse aquelas luminarias que teñan afectuada a COMUNICACIÓN por escriro ao Concello de Fene, acompañando DNI do/a responsable. Estas COMUNICACIÓNS só se poderán presentar no Rexistro Xeral do Concello ou no Rexistro electrónico desta entidade, por persoas maiores de idade, dende a data de sinatura do presente Bando, ata ás 14.00 horas do 21 de xuño de 2024, séndolle de aplicación o disposto neste Bando. As luminarias poderán realizarse únicamente os días 23 e 28 de xuño e as súas respectivas madrugadas dos días 24 e 29 de xuño respectivamente.