Lista de aspirantes a funcionario/a interino/a dunha praza de operario/a electricista
29-11-2024
Publicado no BOP do 29 de novembro o anuncio relativo a convocatoria e bases de selección para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a dunha praza de operario/a electricista mediante o sistema de concurso libre.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no boletín oficial da provincia da Coruña.