Información pública varios mapas estratéxicos de ruído da Rede autonómica de estradas de Galicia

Información pública varios mapas estratéxicos de ruído da Rede autonómica de estradas de Galicia

Información pública, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG 20/05/2025), os Mapas estratéxicos de ruído da Rede autonómica de estradas de Galicia, de clave: GA/23/041.09.1, de conformidade co disposto na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do Ruído e no Real Decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do Ruído, no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental.

Os documentos sometidos a información pública atópanse para á súa consulta na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos