BASES APROL RURAL 2025
03-06-2025
Anuncio bases selección de persoal laboral temporal, 2 peóns/peoas forestais, mediante o sistema de oposición.
As persoas candidatas deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas e estar dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato de traballo vinculado a programas de políticas activas de emprego, e consecuentemente ser candidatos previamente seleccionados/as polo Servizo Público de Emprego de Galicia.
A admisión de candidatos/as coincidirá coa selección realizada polo Servizo Público de Emprego, e requiriráselles por parte do Concello de Fene que presenten nun prazo de 5 días naturais para participar no proceso de selección a documentación seguinte que figura no Anexo I.
Presentaranse no Rexistro xeral do Concello, podendo presentarse tamén conforme ao sinalado no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Á instancia, conforme ao modelo que figura no anexo I, acompañarase inescusablemente da seguinte documentación: Copia do D.I. ou equivalente. De ser o caso, copia do CELGA 1 ou equivalente co que quedarán exentos do exame de galego.