Novidades de adultos/as 2025 da Biblioteca Municipal de Fene
18-06-2025
Velaí tedes o Boletín de Novidades de adultos 2025 da Biblioteca Municipal de Fene. Últimas adquisicións en narrativa castelán e galega, poesía, materias e cómics. Lecturas de novela romática, histórica, de ciencia ficción, de intriga e misterio para gozar ao longo deste verán.
Lembrade que o horario desta instalación é, durante o verán, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.
Bulide a coller un bo libro para ler estas vacacións!
