Convocatoria para proveer varias prazas: tecnico/a auxiliar biblioteca e conserxe.
31-07-2025
Publicado no BOE do 31 de xullo a convocatoria das seguintes prazas:
Unha praza de Técnico/a auxiliar de Biblioteca, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais e clase Cometidos Especiais, polo sistema de oposición, en quenda reservada a persoas con discapacidade.
Unha praza de Conserxe, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Subalterna, polo sistema de oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».
Ligazóns
- Bases específicas reguladoras da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de conserxe, correspondente a OEP do Concello de Fene do ano 2024
- Bases específicas reguladoras da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura, en quenda reservada a persoas con discapacidade, mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de técnico/a auxiliar de biblioteca, OEP 2022
- A convocatoria no BOE
