Problemas rexistrados na planta de transferencia de SOGAMA en Narón imposibilita a recollida de lixo en distintos puntos do Concello
02-09-2025
❌🚛♻️ O servizo municipal de recollida do lixo do Concello de Fene viuse afectado polos problemas rexistrados na planta de transferencia de SOGAMA en Narón. O luns non foi posible recoller en Sillobre, Fene e San Valentín debido á imposibilidade de descargar os residuos na citada planta.
🗣 A alcaldesa, Sandra Permuy, está en contacto co resto de alcaldías da Mancomunidade para facer un seguimento conxunto da situación que afecta aos diferentes concellos da comarca, e urxe a SOGAMA e á Xunta de “solucións inmediatas” para garantir un servizo esencial para a veciñanza.
