O concello de Fene estrea Oficina Virtual Tributaria

O concello de Fene estrea Oficina Virtual Tributaria

 O Concello de Fene estrea a Oficina Virtual Tributaria
Que xestións e liña podo facer?
 
A través de nosa Oficina Virtual Tributaria se dispón de certificado dixital ou DNI electrónico ou mediante o sistema Cl@ve, pode facer as seguintes xestións vincluladas aos tributos con recadación cuxa competencia é do Concello de Fene:
 
- A súa información ou conta tributaria no Concello de Fene sen esixir unha segunda acreditación.
- Os seus valores en voluntaria e executiva (en tanto non se dite a providencia de prema)
- Os seus bens que constitúen obxectos tributarios (inmobles, vehículos...etc.)
- Pago dos seus recibos.
- Modificación ou ampliación dalgúns dos seus datos persoais (enderezo, data de nacemento, teléfonos fixo e móbil, fax, correo electrónico, etc.)
- Consulta de recibos anulados.
- Xustificante de recibos pagos.
- Impresión de documentos cobratorios de impostos e taxas cuxa recadación en voluntaria non estea delegada na Deputación da Coruña.
 
Para tributos con recadación delegada na Deputación da Coruña: IBI, IVTM, IAE, IIVTNU, etc. deberán de acceder a: https://ovt.dacoruna.gal/