AVISO IMPORTANTE | Medidas fronte á influenza aviaria

AVISO IMPORTANTE | Medidas fronte á influenza aviaria

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vén de ampliar a todo o Estado a obriga de confinar as aves de curral que se crían ao aire libre, incluíndo as explotacións ecolóxicas e os galiñeiros de autoconsumo.
Esta medida preventiva busca evitar o contacto entre aves domésticas e migratorias, ante o aumento do risco de expansión da influenza aviaria, unha enfermidade altamente infecciosa.
📋 Principais medidas:
🔹 Confinamento obrigatorio de todas as aves de curral.
🔹 Prohibida a cría conxunta de patos e gansos con outras especies.
🔹 A auga para as aves deberá proceder de depósitos protexidos ou tratados.
🔹 Non se permiten feiras, exposicións ou eventos con aves de curral.
🐓 A orde afecta tamén a granxas, explotacións ecolóxicas e particulares con galiñeiros domésticos en todo o territorio, incluído o Concello de Fene.
ℹ️ Máis información sobre a influenza aviaria e as últimas notificacións está dispoñible na web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación 👉 https://www.mapa.gob.es/.../influenza-aviar/influenza_aviar