O litoral de Galicia estará baixo a influencia dun episodio adverso de vento e ondas de sete metros

O litoral de Galicia estará baixo a influencia dun episodio adverso de vento e ondas de sete metros

A Axencia Estatal de Meteoroloxía avisa dun episodio de meteoroloxía adversa que afectará a todo o litoral de Galicia.

Segundo a súa previsión, o vento no mar será intenso (forza 7) e as ondas poderán alcanzar os sete metros de altura. Uns valores que se corresponden cun nivel de alerta laranxa, polo que se recomenda á poboación activar as medidas de autoprotección, como evitar achegarse a paseos marítimos, praias, diques, rompentes, peiraos, etc.

Máis información en: https://www.axega112.gal/gl/alertas_activas